viernes, 9 de junio de 2017

A granada

Esta vez tocou outra das froitas exóticas, que xa podemos atopar nas froitarías nestas datas, a granada.
Traballamos na aula abalar na busca de información sobre esta froita, para logo poder elaborar os carteis da árbore que a da, o granado.



Os maios

Na aula de 4º B, os nenos e nenas disfrutaron moito facendo "os maios" coa profe Raquel.



















martes, 23 de mayo de 2017

Reflexión sobre "O noso proxecto"

Traballando no Plan Proxecta, estase a fomentar a innovación educativa no centro e, como non podía ser doutro xeito, a motivación do alumnado. Temos ferramentas para poder levar a cabo o "noso proxecto" e ademáis que poida ser compartido por toda a comunidade educativa. Resulta motivador ir proxectando as distintas actividades que se levan a cabo na aula.
Este traballo verase proxectado nos vindeiros cursos (5º e 6º), polo que terá continuidade no tempo.

A maneira de compartir estas actividades é a través do blogue.


Xa hai en mente novas actividades para levar a cabo, xa que imos plantar o aguacate, introduciranse as etiquetas nas plantas. Cada neno/a elaborará a súa etiqueta.






Asimesmo traballarase cos códigos QR. Cada planta terá o seu código para poder ver a información sobre a mesma.


En pinterest visualizaremos imaxes relacionadas co que se está a traballar e compartiremos as fichas dos nosos traballos.




miércoles, 3 de mayo de 2017

Curación de contidos


Unha das mellores formas nas que o alumnado aprende é si eles mesmos investigan sobre o tema e organizan e constrúen o seu propio marco de información. Neste proceso é imprescindible dispoñer de habilidades para buscar, comunicar e transformar en coñecemento a información. A curación de contidos é unha habilidade básica do proceso, tanto para o docente como para o alumnado. Este concepto, refírese á selección de información que outros producen arredor dun tema específico. Un traballo que o alumnado deberá realizar co docente como guía.
O proceso de curación de contidos conta con catro fases;
  1. Identificar e atopar a información.
  2. Filtrar esa información.
  3. Organizala.
  4. Distribuíla.
Na aula de 4º B, estase a levar a cabo esta curación de contidos para elaborar o caderno de aula, buscando información sobre plantas e froitas, para que, unha vez que estea organizada, poder distribuíla no Blogue (ferramenta ideal para facer curación de contidos).


Neste mes, o alumnado desta aula, está coñecendo a súa "futura aula Abalar" (o vindeiro curso serán usuarios dunha destas aulas). Un dos elementos das mesmas é o ultraportátil do alumnado, polo que a "curación de contidos" resulta primordial e imprescindible por parte do alumnado, educando así no manexo da información para a súa posterior transformación en coñecemento.



Outra das ferramentas de curación de contidos que emprego, ademáis de Pinterest, é a de Thinglink.


viernes, 31 de marzo de 2017

Creando o caderno de aula

Chegou o momento de plasmar todo o que os nenos e nenas foron experimentando, e facémolo a través dun caderno de aula, donde ademáis da información recollida, van plasmadas as imaxes de todo o proceso. Están ilusionadísimos. Comenzámolo hoxe, polo que se irán colgando as fotos do avance.










O aguacate

O que fixen foi levar á aula a pebida do aguacate, para ver se a recoñecían, preguntándolles: sabedes o que é?
Despois da chuvia de ideas presenteilles a foto da froita e buscamos máis información en internet, entre a que tamén estivo como reproducir aguacates. A partires de ahí chegamos ata meter a pebida en auga para ver se conseguíamos que enraizara. E... conseguímolo...
Aguacate
http://4everstatic.com/imagenes/674xX/naturaleza/plantas/frutas/aguacate,-arbol-222651.jpg


Presentación da aguacatina


Toma de contacto coa aguacatina

Presentación do aguacate


Busca de información






Proceso para plantar a aguacatina

Xa temos raíz

A capuchina

Aproveitando a axuda de "Nacho", un pai que colabora un montón no plan proxecta, dados os seus coñecementos en bioloxía, chegou ata nós a capuchina.
Leveina á aula para ensinarlla aos alumnos e alumnas e probámola, igual que a súa flor. Logo, coa información recollida fixemos un coloquio sobre que tipo de planta é, para que se utiliza, os seus usos e as súas propiedades terapéuticas. Moi interesante.